Print

Peituga de pavo con champiñóns e espárragos verdes

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peituga pavo
  • 50 g arroz
  • 50 g champiñóns
  • 40 g espárragos verdes
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Filetear as peitugas de pavo e facer á prancha. Acompañar cos espárragos trigueros (previamente cocidos en abundante auga con sal) e os champiñóns, lixeiramente refogados nunha tixola, con aceite de oliva e un dente de allo; e de arroz en branco.

Notes

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.