Pavo á pepitoria
Ingredients
- 150 g peituga pavo
- 1 (100g) pataca
- 60 mL caldo carne
- 30 g pemento verde
- 30 g tomate
- 30 g cebola
- 10 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Picar a cebola, o pemento verde, o tomate e o allo en brounoisse (picado en cuadradiño fino). Nunha cazola pochar a verdura cun pouco de aceite e a lume suave, engadir dous culleradas de fariña, refogar e verter o viño branco, o caldo de carne, e deixar que comece a ferver. Trocear a peituga, salar lixeiramente, pasar por fariña e fritir nunha tixola. Unha vez dourados introducímolos na salsa previamente preparada; aos 10 minutos engadir a pataca troceada e deixar que coza dentro da salsa ata que a pataca este cocida.
Notes
Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.