Print

Paspallás con feixóns

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 140 g Paspallás
  • 10 g Fariña
  • g Óso de xamón
  • 80 g Feixó
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate

Instructions

  • Elaboramos un caldo con óso de xamón, que nos servirá para cocer, posteriormente, o paspallás e os feixóns. Despois, facemos un rustrido con cebola, allo e tomates. Unha vez feito o rustrido, incorporámoslle un pouco de fariña diluída en auga quente. Servimos o paspallás e os feixóns bañados co rustrido.

Notes

O paspallás ten unha carne preta e branca que é moi apreciada e, ademais, é unha das que menos calorías ten debido ao seu menor contido en graxa, por iso o paspallás pode substituír a outras carnes máis graxas. A carne de paspallás contén vitamina B3, ademais de graxas e ferro. Tamén é rica en proteínas, mesmo en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. É pobre en colesterol polo que é unha boa alternativa cando se leva unha dieta de adelgazamento.