Print

Ovo fritido con zorza

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 110 g Porco magro
  • 65 g Ovo
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 1 g Sal

Instructions

  • Picamos ben a carne, engadimos o pemento e botamos nunha cazola. Facemos unha pasta machucando o allo con sal groso nun morteiro. Botamos a pasta sobre a carne na cazola e engadimos auga se é necesario. Agregamos o sal e o pemento e deixamos un día en repouso. Fritimos a carne nunha tixola con aceite e, despois, fritimos os ovos tras engadirlles o sal.

Notes

Este prato é típico da cociña galega. O ovo é unha boa fonte de proteínas comprendida tanto na clara coma na xema e posúe un elevado valor biolóxico. Na clara do ovo, a principal proteína é a albumina chamada ovoalbúmina, que ten calidades antioxidantes, antimicrobianas e desintoxicantes que limpan o organismo de metais pesados. A xema é boa para a vista por dous antioxidantes que contén, e tamén para o cerebro imprescindible para o desenvolvemento do cerebro fetal xa que contén colina. O ovo tamén posúe ferro cuxo contido é dos máis asimilables. As xemas de ovo son un dos poucos alimentos que conteñen vitamina D en forma natural.