Mexillóns en vinagreta
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 50 g Cebola
- 62.5 g Mexillón
- 50 g Pemento vermello
- 1 g Sal
- 5 g Vinagre
Instructions
- Primeiro cócense os mexillóns ao vapor. Para a elaboración da salsa vinagreta mestúrase unha culler de vinagre por catro de aceite e emulsiónase ben. Toramos a cebola e o pemento vermello en anacos moi pequenos e mestúrase co vinagre e co aceite, déixase repousar e, finalmente, vértese a salsa sobre os mexillóns xa cocidos.
Notes
O mexillón é un bivalvo que vive nas tranquilas augas das rías, fixado ás rochas ou adherido ás cordas das bateas. As bateas trouxéronse probablemente de Francia, a mediados do século XX e enseguida se estendeu o seu uso polas rías galegas. Estas están presentes na ría de Arousa e, ademais, en todas as Rías Baixas; a súa presenza é menor na ría de Muros e Noia e na de Ares-Betanzos.