Print

Mexillóns picantes tigres rabiosos

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 62.5 g Mexillón
  • 2 g Pemento picante
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate
  • 10 g Vinagre
  • 40 g Viño branco

Instructions

  • Ábrense os mexillóns ao vapor nunha pota tapada ao lume durante uns minutos. Sabemos que están cociñados no momento en que abren as valvas. Sepáranse as cunchas e reservamos unicamente as que conteñen o molusco. Para preparar a salsa escáldanse os tomates para pelalos con facilidade. Xa escaldados pélanse e córtanse en tacos pequenos. Refógase nunha tixola a cebola e os allos ben picados, despois engádense os tomates picados e remóvese ata que se doure todo ben. Por último, engádese o pemento picante e distribúese a salsa por enriba das valvas colocadas nunha bandexa para servir.

Notes

Este prato pódese servir en frío ou en quente e sérvese como entrante, a xeito de tapa ou como primeiro prato. O mexillón é un alimento equilibrado, san e dietético. Rico en proteínas, vitaminas e sales minerais, cunha cantidade idónea para a mocidade e, en xeral, para todas aquelas persoas que desexan unha vida sa. Ademais, o seu baixo nivel de colesterol facilita a coordinación ósea e muscular.