Print

Pescada á galega

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 40 g Chícharo
  • 150 g Pescada
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 25 g Viño branco

Instructions

  • Poñer a cocer, en auga con loureiro, as patacas cortadas en toros grosos. Transcorridos 8 min, engadir o peixe e cocer de 5 a 8 min máis. Á parte, preparar unha allada co aceite, co allo e co pemento. Servir a pescada enriba das patacas acompañada por chícharos cocidos á parte, e a allada por enriba.

Notes

Este prato típico de Galicia é de doada elaboración e saudable xa que a forma de cociñado dos ingredientes é a cocción. Para darlle sabor régase cun rustrido elaborado con aceite de oliva, allo e pemento. A pescada debido ao seu baixo contido graxo e ás poucas calorías considérase un alimento axeitado para persoas que sofren de sobrepeso ou obesidade ou que teñen alteracións dos niveis de colesterol ou triglicéridos en sangue. Os chícharos son unha boa fonte de proteína vexetal e presentan unha elevada cantidade de magnesio que axuda na síntese das proteínas. Tamén son ricos en ferro para previr anemias. Contén calcio que intervén na formación dos ósos e fósforo que intervén na formación de enerxía.