Pato ao estilo Ribadeo
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 10 g Caldo de verdura
- 3 g Manteiga
- 50 g Nabo
- 5 g Laranxa
- 120 g Pato
- 0.5 g Pementa negra
- 0.5 g Sal
- 10 g Viño branco
- 10 g Vodka
Instructions
- Douramos o pato cortado con manteiga, despois poñémolo a cocer en caldo ata alcanzar a redución en forma de salsa e reservamos. Para a elaboración da salsa de laranxa, primeiro acaramelamos o azucre, despois engadimos o vodka e flambamos ata que alcance un ton alaranxado, momento no que engadimos o zume de laranxas amargas, previamente espremido, con algunha casca. Esparexemos o pato coa salsa de laranxa e servimos acompañado de nabos, tal como suxiren algúns autores.
Notes
Crese que esta receita é a que deu orixe ao que posteriormente foi o famoso pato á laranxa. Este prato preparábase nas casas burguesas da vila de Ribadeo, na fronteira entre Lugo e Asturias ata mediados do século XX. Facíase nesta vila xa que na ría de Ribadeo abundaban os patos e, nese val, había grandes plantacións de laranxeiras.