Peixe espada con salsa de chícharos
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 125 g Chícharo
- 6 g Fariña
- 100 g Leite desnatado
- 80 g Pataca
- 150 g Peixe espada
- 1 g Sal
Instructions
- Elaborar unha salsa bechamel, que será a base da salsa de chícharos, pasar os chícharos xa cocidos e escorridos polo batedor e engadir á bechamel. Untar con aceite de oliva as talladas de peixe espada e cociñar á prancha, volta e volta. Poñer a punto de sal o peixe espada e acompañar coa salsa de chícharos.
Notes
Este peixe adóitase presentar en filetes ou toros, en lugar de enteiro, debido ao seu tamaño. Carece de espiñas e por iso está indicado para a poboación infantil e anciá. É un peixe azul pero con menos graxa que outros peixes azuis. Ten un contido elevado en fósforo e magnesio e é o peixe máis rico nestes minerais. O fósforo intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes. Pola súa parte, o magnesio axuda na absorción do calcio e, ademais, é un relaxante muscular.