Polo asado con mazás con patacas asadas
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 3 g Allo
- 10 g Manteiga
- 90 g Mazá
- 90 g Pataca
- 2 g Perexil
- 110 g Polo
- 0.5 g Sal
Instructions
- Adóbase o polo co perexil, co allo e co sal machados no morteiro, cóbrese de manteiga e ponse a forno moderado coas mazás e coas patacas lixeiramente fritas en anacos grosos.
Notes
O polo é unhas das carnes máis consumidas a nivel mundial, tanto polas súas excelentes propiedades nutricionais coma pola súa textura e sabor suave. Pertencen ao grupo das aves de curral e ten a carne branca aínda que pode presentar unha cor amarelenta se se alimentou con millo. A súa versatilidade na cociña permite cociñalo de múltiples formas e acompañalo de case calquera gornición.