Potaxe de coresma
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Allo
- 20 g Arroz
- 20 g Cebola
- 45 g Garavanzo
- 60 g Ovo
- 1 g Loureiro
- 25 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 40 g Repolo
- 20 g Tomate
Instructions
- Empezamos botando os garavanzos nunha cazola e deixámolos que cozan un anaco, pasados uns minutos engadimos o repolo cortado en anacos. Cando rompa a ferver, botamos unha folla de loureiro, os dentes de allo e a cebola enteira sen pel. Separamos a cebola e cando estea ben feita tallámola. Cocemos un ovo e, en canto arrefríe, separamos a clara da xema. Engadimos aos garavanzos e ao repolo, unha vez que estean a media cocción, un tomate maduro torado, o arroz, as patacas sen pel e cortadas en anacos e o sal. Coa cebola que tiñamos separada e tallada, fritimos nunha tixola xunto con pemento, uns dentes de allo en láminas, engadimos outra cebola máis e tamén lle engadimos uns cantos garavanzos da cocción. Despois botamos na tixola as xemas de ovo que foran separadas e un pouco de caldo da cocción. Engadimos todo á cazola, onde están os garavanzos e o repolo, deixamos un anaco máis e xa está lista a potaxe.
Notes
Como o seu nome indica, este prato consumíase na vixilia de Coresma. Non leva ningunha clase de carne e este feito facía que fose pouco apreciado polos galegos e galegas que valoraban todos os pratos que incluísen carne de porco. O feito de que se consumise potaxe en Coresma debíase a que o peixe escaseaba e non había demasiados menús que elixir.