Print

Polbo á brasa

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 150 g Polbo
  • 4 g Sal

Instructions

  • Cortar o polbo en dúas metades lonxitudinais (catro metades se é moi grande), condimentar con sal gordo e botámolo enriba das brasas xa preparadas. Bótaselle, unha vez listo, o aceite cos allos previamente dourados.

Notes

Esta sinxela forma de preparar o polbo fíxose moi habitual nos últimos anos en numerosos restaurantes. En Portugal esta receita coñécese como "polbo a mestre lagareiro", ou sexa, polbo ao estilo do bodegueiro xa que era un prato típico en época de vendima cando as cuadrillas se recollían e a cea tiña que ser potente con proteínas para poder traballar ao día seguinte.