Raia á mariñeira
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 50 g Cebola
- 120 g Pataca
- 0.5 g Pemento doce
- 180 g Raia
- 0.5 g Sal
- 5 g Vinagre
Instructions
- Precocemos as patacas con loureiro apenas uns minutos e engadimos a raia cortada en toros. Á parte, preparamos nunha tixola un rustrido de allo, cebola e pemento que verteremos sobre a mestura unha vez alcanzado o seu punto óptimo, uns 30 min de cocción aproximadamente. Deixamos repousar durante uns minutos a lume moi baixo e engadimos un pouco de vinagre.
Notes
A raia é un peixe axeitado para incluír en dietas de adelgazamento polo seu baixo contido en graxas. De entre os minerais que contén destacan o potasio, o fósforo, o calcio, o magnesio e o sodio polo que deben consumilo con moderación as persoas hipertensas. Destaca o contido de vitamina B3 que participa na síntese dos hidratos de carbono e intervén no crecemento e B12 que contribúe a evitar a anemia perniciosa e é importante para o metabolismo. Por outro lado, a pataca, polo seu contido en hidratos de carbono, dá moita enerxía.