Print

Abadexo á vizcaína

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g abadexo
  • 1 (100g) pataca
  • 25 g pemento chouriceiro
  • 25 g cebola
  • 75 g tomate
  • 15 g pan de molde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar a cebola e o allo en aceite, engadir o pemento chouriceiro previamente hidratado. Agregar o pementón doce e a continuacón o tomate. Engadirlle o pan de molde fritido. Deixar cocer 20 minutos. Triturar e pasar por chinés. Salgar os lombos e cubrir coa salsa. Metelos no forno sobre 15min. Acompañar dunha ou dúas patacas redondas cocidas.

Notes

Vantaxes:
O abadexo é un peixe branco cun baixo contido lipídico. É rico en vitaminas A, D e B12. Aporta proteínas de gran valor biolóxico e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexe ó corazón. Ademais contén cantidades moderadas de substancias antioxidantes, favorables fronte ó envellecemento celular.