Print

Abadexo con espinacas e piñóns

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g abadexo
  • 100 g espinacas
  • 20 g piñóns
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e marcar o lombo de abadexo na prancha. Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Saltear os piñóns torrados en aceite co allo e engadir as espinacas. Presentar as espinacas no fondo do prato e o peixe por riba.

Notes

Vantaxes:
O abadexo é un peixe branco cun baixo contido lipídico. É rico en vitaminas A, D e B12. Aporta proteínas de gran valor biolóxico e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexe ó corazón. Ademais contén cantidades moderadas de substancias antioxidantes, favorables fronte ó envellecemento celular.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas, son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Os piñóns son ricos en calcio, magnesio e ferro polo que son recomendables en persoas con osteoporose e descalcificación. Os seus ácidos graxos mono e poliinsaturados son moi adecuados para combater o colesterol e as enfermidades cardiovasculares.