Acelgas á crema con xamón
Ingredients
- 150 g acelgas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 25 g xamón cocido
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as acelgas, incluída a penca, en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadimos sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e as acelgas, deixando cocer todo xunto uns minutos máis.
Notes
Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.