Print

Acelgas con tomate

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g acelgas
  • 60 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as acelgas en auga abundante con sal. Cando estean cocidas escorrer. Refogar a cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Agregar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas; presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.