Print

Agulla de tenreira estufada

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 180 g Agulla de tenreira
  • 5 g Allo
  • 40 g Caldo de carne
  • 30 g Cebola
  • 10 g Fariña
  • 120 g Pataca
  • 20 g Porro
  • 1 g Sal
  • 25 g Salsa de tomate
  • 40 g Viño tinto
  • 30 g Cenoria

Instructions

  • Cortamos a carne en anacos non moi grandes, salgamos, pasamos por fariña e dourámolos nunha tixola, en aceite moi quente. Pasámolos a unha pota. Nesa tixola, douramos as verduras picadas en dados, non moi pequenos. Engadimos o viño á carne e deixamos reducir. Engadímoslle as verduras e o tomate. Mollamos co caldo e cocemos ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense, lixeiramente, para engadir ao final a carne.

Notes

A carne de tenreira é magra xa que a seu contido de graxa é inferior ao 10% e por iso se considera ideal para a preparación de guisos. Trátase dun alimento altamente nutritivo cun elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico, un baixo contido graxo e alta presenza de ferro de doada absorción, polo que o seu consumo se recomenda especialmente a aquelas persoas que padecen de anemia. Debido a que se trata dunha carne rica en fibras musculares o seu consumo pode resultar indixesto para as persoas que teñen o estómago delicado.