Print

Alcachofas refogadas con tomate

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g alcachofas
  • 75 g salsa tomate
  • 15 g bacon
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as alcachofas en auga con sal. Cortar o bacon en tiras non moi finas refogar no aceite e engadir a salsa de tomate. Cortar as alcachofas á metade e mesturar.

Notes

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.