Anguía ao forno
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 140 g Anguía
- 6 g Fariña
- 5 g Limón
- 100 g Pataca
- 0.5 g Sal
Instructions
- Rebozamos en fariña os toros de anguía, previamente bañados en zume de limón e salpimentados. Unha vez fritidos en aceite quente, dispoñémolos sobre a base dunha fonte de forno acompañados de manteiga e limón en toros desprovistos de casca. Bañamos a fonte con caldo de peixe e levámola ao forno onde enfornaremos a temperatura media durante, polo menos, 25 min. Servimos cunha gornición de patacas, cociñadas a parte ao gusto do lector.
Notes
É un peixe que se aprecia desde a antigüidade. Trátase dun peixe moi graxo que habita nos ríos e se despraza ao mar para desovar. Está presente en toda Europa e norte de África. Ten a pel recuberta dunha mucosa xa que non ten escamas. Cabe destacar o seu contido en vitamina D e A, que superan a cantidade diaria recomendada. Unha boa forma de preparala é ao forno xa que, deste xeito, perde parte do seu elevado contido en graxa.