Print

Arroz á milanesa

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 20 g champiñóns
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g chícharos
  • 10 g perexil
  • 20 g pemento morrón
  • 3 culleradas (30 g) salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • colorante alimentario

Instructions

  • No aceite de oliva rustrir o allo, engadir os champiñóns laminados e o arroz. Mollar con auga ou caldo de carne, deixar ferver. Poñer a punto de sal. Engadir o pemento en dados e o xamón. Engadir os chícharos crudos. Meter no forno 18 minutos a 180ºC. Acompañar de sasa de tomate. Cubrir con perexil.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético.
O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.