Print

Arroz caldoso con chícharos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 200 mL caldo verduras
  • 50 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Rustrir a cebola xunto co allo, todo iso cortado en brounoisse, nunha cazola cun pouco de aceite de oliva. Cando a cebola e o allo estean pochados, engadir o arroz xunto cos chícharos. Mollar o arroz co dobre e medio de volume de caldo vegetal ou de auga. Poñer a punto de sal e deixar que se cocine a fervor suave e continuo durante 20 minutos.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.