Arroz con bacallau e verduras
Ingredients
- 70 g arroz
- 1 vaso (250 mL) caldo verduras
- 50 g cebola
- 50 g bacallau migas
- 25 g champiñóns laminados
- 40 g cabaciño
- 20 g pemento vermello
- 20 g cabaza
- 20 g tomate
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Facer un rustrido coas verduras , cortando o cabaciño, cabaza, cebola, pementos e tomate en dados. Facer un arroz en branco e engadilo ao rustrido. Incorporar as migas de bacallau ata a súa cocción.
Notes
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.