Print

Arroz con cabaza, porro e mexillóns

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 60 g cabaza
  • 50 g mexillóns
  • 30 g porro
  • 160 mL caldo verduras
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e cortar en rebandas os porros, pelar e trocear a cabaza pelada e filetear os allos. Rustrir as verduras no aceite, agregar o arroz e deixar dourar levemente a mestura, removendo constantemente. Mollar o arroz co dobre de caldo vexetal quente e ao final da cocción agregar os mexillóns xa abertos sen cuncha e o perexil troceado moi fino. Deixar que se cocine de novo por espazo de 1 minuto. Servir inmediatamente.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.