Print

Arroz con chícharos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo polo
  • 5 g salsa tomate
  • 50 g pemento vermello
  • 40 g chícharos
  • 1 dente (4g) allo
  • colorante alimentario
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paelleira refogar o allo, a cebola, o pemento en dados. Engadir o arroz e rustrir un minuto; agregar un pouco de tomate e a continuación o caldo quente e coloreado en dobre volume que de arroz, deixar que levante fervor e poñer os chícharos. Dar o punto de sal e fornear 18 min. Acompañar da salsa de tomate restante.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en almidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e mellora de algunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ao seu baixo contido en sodio. A súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenteritis.