Print

Arroz con salchichas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g arroz
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 40 g salchichas
  • 50 g salsa tomate
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva

Instructions

  • Nunha paelleira ou cazola baixa refogar as verduras cortadas en dados, engadir a salchicha troceada e rustrir o arroz. Engadir o tomate en salsa. Mollar co caldo coloreado (dobre de caldo que de arroz), dar o punto de sal e deixar cocer 20 min.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.