Print

Arroz con sepia

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 100 g sepia
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • tomiño
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cebola, o pemento e a sepia. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Meter no forno 18 minutos a 180ºC e repousar 5min. Servir no mesmo recipiente. Cubrir con perexil picado.

Notes

Vantaxes:
compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de vitaminas do grupo B, así como fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.