Print

Arroz con verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 50 g cabaciño
  • 1 (40 g) cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a verdura en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con auga quente en dobre volume có arroz. Poñer os chícharos crús. Dar o toque de sal. Meter ó forno 18 min. a 180ºC.

Notes

Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (cabaciño, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.