Print

Arroz cremoso con xamón cocido

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 60 mL auga
  • 50 mL caldo verduras
  • 50 mL leite desnatado
  • 30 g xamón cocido
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Picar finamente a cebola e pochala nunha placa de forno. Engadir o arroz refogar e mollar co dobre de líquido. Incorporar o xamón picado e introducir no forno 170º 15 min. Retirar do forno e ligar con nata.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.