Arroz frito ao curry
Ingredients
- 60 g arroz
- 50 g peituga polo
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 20 g cebola
- 1 dente (4g) allo
- 10 g uvas pasas
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- curry
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Nunha paelleira ou cacerola baixa refogamos o polo cortado en dados e reservamos. Nesa mesma cacerola refogamos as verduras en dados logo engadimos o arroz xa cocido. Refogamos todo xunto e poñemos as pasas e o toque de curry. Decorar con perexil.
Notes
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.