Print

Bacallau ao allo torrado

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g bacallau
  • 50 g puré de pataca
  • 50 mL leite desnatado
  • 20 g maionesa
  • 5 g améndoa
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer o bacallau lixeiramente (5-8 minutos). Escorrer. Mesturar a maionesa coa améndoa e o allo picado. Cunha espátula estender unha capa sobre o bacallau e introducir no forno a gratinar ata que se torre lixeiramente. Acompañar dun puré de pataca ó que se engadirá un sofrito do aceite de oliva con pementón.

Notes

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais de ser expectorantes e anticatarrais.
Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mastigando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.