Print

Bacallau cocido con cebola doce

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g bacallau
  • 1 (100g) pataca
  • 80 g cebola
  • 30 g azucre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a cebola en rebandas finas e pochar no aceite, engadir o azucre, cociñar ata caramelizar. Ferver o bacallau e cubrir coa cebola doce e acompañar de pataca fervida.

Notes

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.