Bacallau con coliflor
Servings 1 persona
Ingredients
- 25 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 195 g Bacallau fresco sen sal
- 180 g Coliflor
- 60 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 1 g Sal
- 4 g Vinagre
Instructions
- Nunha cazola con auga e sal botamos as patacas cortadas e a coliflor dividida en cachos. Cando pase un tempo de cocción, engadimos o bacallau cortado en anacos. Unha vez cocido todo, escorremos e gardamos un vaso de auga desta cocción. Douramos, nunha tixola con aceite quente, o pemento doce e o allo, agregamos o vaso de auga gardado e un chorriño de vinagre. Botamos este refrito sobre a coliflor e o bacallau.
Notes
O bacallau péscase nos mares do Atlántico norte, desde o outono ata a primavera. Antigamente o que se facía para conservar o bacallau nos barcos, desde que se pescaba ata que chegaba a porto, era salgalo, e ao chegar a porto secábase ao aire. Era considerado unha delicia na parte interior de Galicia e, en xeral, todo o peixe xa que os medios de transporte non permitían a súa chegada con demasiada frecuencia. Era un prato que se reservaba para ocasións especiais como o Nadal ou a Coresma, aínda que hoxe en día tamén se consome nas épocas de Nadal.