Bacallau en salsa de pementos
Ingredients
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- 50 g salsa tomate
- 15 g cebola
- 15 g pemento vermello
- 15 g pemento verde
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- 1 folla loureiro
- perexil picado
- sal ao gusto
Instructions
- Nunha cacerola refogar o allo, cebola e todos os pementos. Poñer a folla de loureiro e engadir o tomate en salsa deixando cocer 20-30 min. O bacallau márcase á prancha. Cortar a pataca en rebandas grosas e cocer ó vapor. Nunha cazola de barro poñer a pataca cocida no fondo, encima o bacallau e a salsa. Introducir no forno 15 minutos a 180ºC e servir cubrindo de perexil.
Notes
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.
Ademais, hai que engadir que os pementos son un dos alimentos máis ricos en vitamina C, son abundantes en carotenos, e como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén principalmente fósforo, potasio, magnesio e calcio.