Print

Bacallau en salsa verde

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g bacallau
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g espárrago branco
  • 20 g chícharos
  • 5 g fariña
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer o bacallau 5 minutos ao vapor e logo introducir na salsa cocendo 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago.

Notes

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.