Bandullo
Servings 1 persona
Ingredients
- 12.5 g Améndoa torrada
- 20 g Azucre
- 1 g Canela
- 30 g Ovo
- 20 g Leite
- 3 g Manteiga
- 20 g Pan
- 6 g Pasas de Corinto
Instructions
- Quitar a codia ao pan e esmiuzar o miolo ata conseguir dúas cuncas. Colocar o miolo de pan nunha cunca e regala co leite morno e co azucre. Cando estea ben empapado facer co pan un puré cun garfo. Relar as améndoas e agregalas ao pan xunto coas pasas, previamente remolladas, unha cullerada de manteiga ben branda e unha culleriña de canela. Cascar os ovos nunha cunca, batelos ata que estean escumosos e agregalos ao pan. Untar coa manteiga restante, un molde de bordo alto, tipo flan e verter nel o preparado. Tapar o molde con papel de aluminio e cocer ao baño maría durante 45 min.
Notes
Este é unha sobremesa típica do Carnaval que se caracteriza porque se utiliza a vexiga do porco ou tamén as tripas grosas, a xeito de recipiente, onde se cocen os ingredientes. Actualmente faise en moldes se non se teñen estas partes do porco. É típico principalmente da provincia de Pontevedra, máis concretamente na zona do Morrazo, illa de Ons, terras do Ulla e na zona de Sober, en Lugo. Na provincia de Ourense tamén se elabora o bandullo pero, neste caso, non é unha sobremesa senón un embutido. Faise coa tripa do estómago do porco que se enche sobre todo con costelas, espiñazo e rabo de porco, logo déixase curar. É posible que a súa orixe fose a necesidade de conservar aquelas partes do porco que non se podían consumir de inmediato e este embutido é outra forma máis de conservación da carne do porco.