Print

Berberechos aliñados

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 33.75 g Berberecho
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 1 g Sal

Instructions

  • Douramos nunha tixola unha cebola e engadimos, tras uns minutos, os berberechos previamente cocidos ao vapor. Cando a mestura tome unha cor torrada, apagamos o lume e engadimos o pemento doce e o picante. Servimos con pataca cocida.

Notes

Este prato elabórase engadindo aos berberechos pemento doce e picante. Antigamente en tempos onde non abundaban algúns alimentos, en concreto a carne, este prato podía ser un bo substituto. Podemos atopar berberechos en case todas as rías galegas. Caracterízase por ter unha cantidade de graxa practicamente nula polo que é idóneo para dietas de adelgazamento. Contén minerais como o calcio que contribúe ao crecemento e ao soporte da nosa estrutura ósea, o iodo para fortificar e normalizar as funcións da glándula tiroide, e o ferro que axuda á produción de hemoglobina, esencial en dietas para corrixir a anemia.