Berenxena reenchida de atún con tomate
Ingredients
- 125 g berenxena
- 50 g salsa tomate
- 40 g atún en aceite
- 40 g cebola
- 10 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Lavar a berenxena, quitar a parte dos extremos e partir pola metade. Cun coitelo e con coidado de non romper a pel, sacar a parte branca da berenxena e picar. Tomar a parte da casca e colocalas no forno a 100ºC, cun pouco de sal no interior. Deben estar un pouco feitas, pero coidado que non se fagan demasiado. Refogar a cebola nunha tixola con aceite de oliva, engadir a pulpa da berenxena picada. Engadir sal ao gusto e refogar ben co atún. Mesturar coa salsa de tomate. Reencher a berenxena coa mestura, cubrir con queixo relado e gratinar no forno.
Notes
Vantaxes:
A berenxena é moi pouco enerxética, o 92% da súa composición é auga. Contén vitaminas do grupo B, A, C e ácido fólico; o mineral máis abundante é o potasio, e en menor medida fósforo, calcio, magnesio e ferro. O seu leve sabor amargo é debido á gran cantidade de compoñentes antioxidantes que posúe, por iso é recomendado o seu consumo en dietas de adelgazamento.