Print

Berenxenas reenchidas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 125 g berenxena
  • 30 g xamón cocido
  • 1/3 (40 g) cebola
  • 10 g queixo relado
  • 50 g tomate pelado lata
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a berenxena pola metade lonxitudinalmente e facer incisión cun coitelo. Introducir 10 min. no forno e sacar a carne coa axuda dunha culler para picala despois. Nunha cazola con aceite refogar a cebola picada, engadir a berenxena, o tomate e o xamón picado. Deixar cocer un par de minutos e probar de sal. Reencher as berenxenas coa mestura. Cubrir de queixo e gratinar lixeiramente.

Notes

Vantaxes:
A berenxena é moi pouco enerxética, o 92% da súa composición é auga. Contén vitaminas do grupo B, A, C e ácido fólico; o mineral máis abundante é o potasio, e en menor medida fósforo, calcio, magnesio e ferro. O seu leve sabor amargo é debido á gran cantidade de compoñentes antioxidantes que posúe, por iso é recomendado o seu consumo en dietas de adelgazamento.