Bertorella en salsa de piperada
Ingredients
- 150 g bertorella
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 1 (100g) pataca
- 30 g cebola
- 30 g pemento amarelo
- 30 g pemento vermello
- 30 g pemento verde
- 25 g salsa tomate
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Preparar unha salsa refogando en aceite o allo, cebola e pementos, cortado todo en dados, engadir fariña. A continuación agregar a salsa de tomate e o caldo de peixe quente, cubrir con perexil picado deixando cocer uns minutos. A bertorella márcase na prancha e coloca nunha fonte de forno, cubrir con salsa e introducir ao horno 10 min. aproximadamente a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas.
Notes
Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.