Bolos do pote
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Fariña de millo
- 1 g Sal
- 5 g Touciño
Instructions
- Amasar a fariña coa auga cun chisco de sal, formar unha masa que non se pegue de forma que se poidan formar pequenas pelotas, o tamaño dependerá do gusto de cada un. Nas pelotas incluír un pequeno anaco de touciño, un anaco de cebola, un anaco de chourizo, un anaco de lacón ou calquera outro ingrediente segundo a preferencia de cada un. Cociñar as pelotas preparadas salteándoas un pouco na tixola e, seguidamente, cocelas ben en auga fervendo ou, mellor aínda, co caldo do cocido para que se poidan servir como substituto das patacas.
Notes
Este prato facíase antigamente en inverno cando se remataban as patacas ou había pouca fariña e non se podía moer o trigo. Debido a esta escaseza amasábanse estes bolos aos que se lles podía engadir cebola ou touciño e mesmo chourizo, pasábanse pola tixola e despois cocíanse no caldo.