Botelo
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Allo
- 270 g Costela de porco
- 150 g Pataca
- 0.5 g Pemento doce
- 0.5 g Pemento picante
- 50 g Rabo de porco
- 250 g Repolo
- 0.20000000298023224 g Sal
- 10 g Tripa de tenreira
Instructions
- Ponse a cocer nunha pota, a lume lento, o botelo. Un botelo que pese un quilo deberá cocer unhas dúas horas. Incorporamos a verdura 45 min antes da súa cocción. Por último, 30 min antes da cocción, engadiranse as patacas. A súa salsa vermella será o complemento ideal que dará a cor, o aroma e o sabor ás verduras e ás patacas. Sérvese nunha fonte fonda, coa gornición rodeando o botelo.
Notes
Crese que a súa orixe é romana e que o consumiron os romanos durante a súa estancia na bisbarra do Bierzo. Posteriormente converteuse nun manxar reservado para abades, bispos e reis e consumíase en datas sinaladas. Pola proximidade xeográfica existente, tamén se elabora na zona da montaña luguesa e ourensá. Está composto de carne e ósos de porco embutidos dentro das tripas máis grosas do porco. Faise cos ósos do costelar, do espiñazo e do rabo de porco. Consómese cocido e acompañado de patacas e repolo.