Print

Branqueta de ave con arroz

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peituga polo
  • 100 g arroz
  • 40 g champiñóns enteiros lata
  • 40 g cebola
  • 50 mL leite desnatado
  • 20 g chícharos
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer a peituga de polo en auga. Escorrer e cortar en dado (de 25 g cada un aproximadamente). Para preparar a salsa (como unha brechamel), refogar no aceite a cebola picada sen que tome cor, engadir a fariña, posteriormente o leite quente e a misma cantidade de auga de cocer a peituga. Dar o punto de sal e pementa. Introducir as peitugas de novo na salsa e engadir os chícharos cocidos e os champiñóns. Acompañar de arroz branco ó forno.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B e tamén é rica en minerais. O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O arroz é un alimento positivo para a prevención e avance dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio.
Inconvenientes:
No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando convertido nun alimento sobre todo enerxético.