Print

Branqueta de tenreira con arroz

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira guisar
  • 100 g arroz
  • 50 mL leite desnatado
  • 40 g cebola
  • 40 g champiñóns
  • 20 g chícharos
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer a tenreira en auga. Escorrer e cortar en dados (de 25 gr. cada un aprox.). Preparar como unha bechamel: no aceite refogar a cebola picada sen que tome cor, engadir a fariña e posteriormente o leite quente e a mesma cantidade de auga de cocer a carne. Dar o punto de sal e pementa. Introducir a tenreira de novo na salsa e engadir os chícharos cocidos e os champiñóns. Acompañar de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.