Brócoli refogado con patacas
Ingredients
- 125 g brócoli
- 1 (100g) pataca
- 20 g xamón serrano
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer o brócoli ao vapor sen pasar en exceso. Cocer unhas patacas pequenas separadamente. Nun pouco de aceite de oliva refogar o xamón serrano e verter sobre o brócoli e as patacas. Remover con coidado e servir.
Notes
Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.