Print

Cabaciñas guisadas

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Berenxena
  • 166 g Cabaciña
  • 20 g Ovo
  • 80 g Pataca
  • 83 g Pemento verde
  • 80 g Tomate

Instructions

  • Refogamos nunha tarteira, por esta orde, a cebola picadiña, os pementos en tiras, os tomates pelados, as cabaciñas e as patacas en tacos pequenos e por último as berenxenas. Botamos o allo e a auga e deixamos cocer. Ao terminar de cocer, retírase a auga e, na mesma tarteira, bótaselle o ovo batido. Adóitase servir con pan fritido.

Notes

A cabaciña presenta un contido moi baixo en calorías e graxas. Isto fai que sexa axeitado para persoas que seguen unha dieta de adelgazamento. O seu baixo contido en hidratos de carbono convértena nun alimento ideal para as persoas diabéticas. A súa escasa cantidade de sodio faina moi útil na dieta das persoas hipertensas. A súa cantidade de fibra favorece o tránsito intestinal. A berenxena non presenta un gran valor nutritivo. O elemento maioritario é a auga. É adecuada para dietas de adelgazamento polo seu gran poder de saciedade. O pemento verde contén fibra. Destaca a súa cantidade de vitamina C que é superior mesmo a moitos cítricos. É unha boa fonte de antioxidantes.