Print

Cabala á brasa envolta en verza

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 100 g Xarda
  • 2 g Loureiro
  • 40 g Repolo
  • 1 g Sal

Instructions

  • Introducimos unha folla de loureiro na peza a través dun pequeno corte, despois cubrimos completamente a cabala cunha folla de verza ou repolo, de maneira que ao colocala nas brasas esta a protexa do fogo directo. Por último engadimos o sal. Retiramos a peza cando a folla comece a parecer torrada. Comeremos quente.

Notes

Esta forma de cociñar a cabala é moi interesante polo seu contido en graxa xa que é un xeito de que perda parte dela. Para asala é necesario que o tamaño da cabala sexa mediano. Envólvese cunha verza para protexela á hora de asala xa que debido ao seu grosor evita que se queime. Esta forma de asar pódese aplicar a outros peixes de certo tamaño.