Caldeirada
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 4 g Allo
- 68 g Pescada
- 34 g Mero
- 85 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 72 g Peixe sapo
- 28 g Raia
- 24 g Rodaballo
- 2 g Vinagre
Instructions
- Sofritimos uns allos e, unha vez que adquiran cor, engadimos as patacas en toros e cubrimos con auga. Cocemos e, 5 min antes de que as patacas estean completamente feitas, engadimos os anacos das diferentes especies de peixe. Servimos o prato cuberto por unha allada feita en aceite quente con allos, pemento e vinagre, isto daralle maior gusto ao prato.
Notes
Considérase que este prato tivo a súa orixe cando os pescadores para aproveitar o que pescaban facían este guiso composto de peixe fresco. Cociñábase con multitude de peixes diferentes que non ían destinados á venda, e os pescadores ás veces no propio barco cociñaban o peixe nun caldeiro metálico, de aí o nome de "caldeirada". Nalgúns lugares da provincia da Coruña tamén se consome acompañado de marisco.