Print

Caldeirada de pargo

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 140 g Zapata

Instructions

  • Sofritimos na base dunha cazola o pemento e a cebola, unha vez que adquiran cor engadimos o pescado fileteado, as patacas en toros e cubrimos todo con auga. Cocemos e 5 min antes de retirar do lume, incorporamos os chícharos para que estes non se pasen. Serviremos o prato cuberto por unha allada feita en aceite quente con allos e pemento para darlle así maior gusto ao prato.

Notes

Este peixe, tamén coñecido co nome de cazón, é moi apreciado polas persoas mariñeiras xa que o preparaban e o consumían a bordo dos barcos. Ten un contido moi baixo de graxas polo que é moi axeitado para incluír en dietas hipocalóricas. Destaca a súa cantidade de fósforo, necesario para o crecemento dos ósos e, ademais, participa no metabolismo enerxético entre outras funcións. Entre as vitaminas que contén destaca a B12, esencial para a síntese da hemoglobina e a elaboración de células, como así tamén para o bo estado do sistema nervioso.