Caldeirada de pescada
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 50 g Cebola
- 50 g Chícharo
- 150 g Pescada
- 100 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 0.5 g Sal
Instructions
- Nunha pota refogar en aceite o allo e a cebola. Engadir as patacas en toros e cubrir con auga. Aos 10 min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 5 min máis. Escorrer a auga sobrante e servir cun pouco de allada por enriba.
Notes
Este xeito típico galego de preparar o peixe, denominado caldeirada, ten a súa orixe nos barcos mariñeiros. Acompañaban o peixe de ingredientes que tiñan na adega do barco como aceite, patacas, allos, cebolas, loureiro e pemento. Todos eles de doada conservación. A pescada presenta un contido graxo baixo e contén ácidos graxos omega 3 polo que se lle atribúen propiedades cardiosaudables. Polo seu baixo contido calorífico é adecuada para incluír en dietas de adelgazamento. En canto aos minerais que contén, destacan o fósforo que é responsable do mantemento de ósos e dentes e aumenta a resistencia física; o magnesio que axuda a persoas que sofren estrés e depresión e o iodo, que regula o funcionamento da hormona tiroidea.